martes, 31 de mayo de 2016

ESPECIAL RADIOFÓNICO 40 ANOS VIVINDO A ESCOLA



Compartimos neste espazo o interesantísimo especial radiofónico "40 anos vivindo a escola", gravado polo alumnado do CPI Virxe da Cela nas sesións de obradoiro de radio, e coas colaboracións de profesores, familias e personal non docente, tanto da actualidade como os que estiveron na nosa escola tempo atrás e xa pasaron a formar parte de estes 40 anos de traxectoria compartida. Queremos dar os parabés a Lucía Abarrategui y Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) pola súa implicación no proxecto e a cantidade de horas de traballo invertidas.

A IMPORTANCIA DA ESCRITA, POR MERCEDES CACHAZA PLATAS

martes, 24 de mayo de 2016

AS NOSAS PARROQUIAS. CURSO 2015-2016

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria na materia de Reli, coa colaboración de algúns compañeiros/as da ESO, realizaron un proxecto documental a través do cal amósannos as súas parroquias. Neste traballo investigaron, sacaron fotografías... Aquí podedes ver o resultado.

CAMBIO DE ETAPA. POR MERCEDES CACHAZA PLATAS

VISITA DE DON MANUEL COUCE, PRIMEIRO DIRECTOR DO COLEXIO DO XESTAL

No día de hoxe, martes 24 de maio de 2016, contamos coa visita de Don Manuel Couce, que foi o primeiro director que estivo no Colexio do Xestal. O alumnado de 5º de primaria entrevistou a este entrañable compañeiro, que na actualidade conta con 83 anos de idade leva na súa memoria centos de anécdotas daqueles tempos, para un especial radiofónico que conmemorará o 40 aniversario da nosa escola. 




FOTOS VIAXE DE FIN DE CURSO A PARÍS 2002